Actuaciones de denuncia contra el artículo homófobo de eduardo lorenzo martínez (Sada)   Leave a comment

INFORMACIÓN DE LA OFICINA LGTBIQ DEL CONCELLO DE A CORUÑA:

Boas,

A continuación informamos sobre as diferentes acción  dos colectivos e tamén xs veciñxs de Sada en resposta ás declaracións homófobas da Asociación de Empresarios de Sada.

Agradecer a Alas A Coruña o envío do documento onde podedes ver toda a info

https://docs.google.com/document/d/1BPpHufYbXVysrGCWpUZSypQDJkrCpsQJ9D1rMPEoQSU/edit

ACCIÓN DE RESPOSTA AO ARTIGO PUBLICADO NO PERIÓDICO “MARIÑÁN” DE MAIO DE 2017 TITULADO

“La homosexualidad es pecado” asinado por EDUARDO LORENZO MARTÍNEZ

Ante a publicación neste mes de maio do artigo titulado “La homosexualidad es pecado”, asinado por Eduardo Lorenzo Martínez, no periódico “Mariñán” editado pola Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, como cidadás e cidadáns non quedamos impasibles, denunciando nos nosos entornos e redes sociais a gravidade da publicación, un claro convite ao odio ao colectivo LGBTQI, así como a todas as formas de expresión e identidades non normativas.

Podes revisar o texto do artigo en “La homosexualidad es pecado”

Aínda así, o mércores 31 de maio, en declaracións ao programa “A Coruña en la onda” de Onda Cero, o presidente de devandita Asociación, Bernardo Valiño, ensalzou a figura de Eduardo Lorenzo Martínez, secretario da Asociación, “amigo y abogado de prestigio y que bien sabe de lo que habla”, negándose a condear o artigo, que, nas súas palabras, é “respectuoso con todo el mundo”. Ante esta situación, a cidadanía organizada responde. Podes pasar a acción do seguinte xeito:

  1. Apoia expresamente aos colectivos e grupos LGBTIQ da túa zona, interesándote polas respostas que están a organizar respecto a este ataque ás nosas identidades e liberdades, e difunde esta información. Iniciativas como facer constar esta agresión na Fiscalía e na Oficina da Valedora do Pobo precisan do teu apoio.

  2. Asina a petición creada polo grupo SADA di NON en change.org, denunciando publicamente a publicación deste artigo e esixindo publicamente a dimisión inmediata da directiva da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas. Change.org – Petición SADA DI NON

Por outro lado, convocan unha manifestación cívica o DOMINGO 4 DE XUÑO, ÁS 12.00, NA PRAZA DE SAN ROQUE DE SADA. Acude e amosa o teu apoio ao colectivo LGBTQI e a tús repulsa ante estas agresións! .

  1. Solicita explicacións á Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas ao respecto deste tema, a publicación dunha rectificación ao respecto da publicación deste artigo, así como a dimisión inmediata da directiva da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, nomeada e especialmente as de Eduardo Lorenzo Martínez, secretario, e Bernardo Valiño, o seu presidente.

Para que esta ultima acción teña o impacto desexado, debemos coordinar os nosos esforzos e concentrar a realización desas chamadas e o envío de correos electrónicos nun día e horas concretas. Por este motivo, convidámosvos á que chamedes e enviedes correos electrónicos co seguinte texto

Ante a publicación neste mes de maio do artigo titulado “La homosexualidad es pecado”, asinado por Eduardo Lorenzo Martínez, no periódico “Mariñán” editado por esta asociación, como cidadás e cidadáns non quedamos impasibles, xa que a publicación do mesmo supón un  claro convite ao odio ao colectivo LGBTQI, así como a todas as formas de expresión e identidades non normativas.

Por isto solicitamos á Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas as debidas disculpas respecto a este tema, a publicación dunha rectificación ao respecto no númerod e xuño do periódico “Mariñán”, así como a dimisión inmediata da directiva da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, nomeada e especialmente as de Eduardo Lorenzo Martínez, secretario, e Bernardo Valiño, o seu presidente.

 

Publicado 1 junio, 2017 por chistesdemaricones en Sin categoría

Etiquetado con , ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: