Rocío Fraga – Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero   Leave a comment

2016-11-30-la-voz-de-g-espazo-das-diversidades-sexuais   Rocío Fraga presenta o novo Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, que prestará un servizo de información e asesoramento sobre a saúde sexual e afectiva.

.2016-11-30-el-ideal-g-espacio-de-atencion-a-diversidad-sexual 2016-11-30-la-opinion-espazo-das-diversidades-sexuais..

a-concelleira-rocio-fraga-presentou-o-espazo-das-diversidades-do-concello-da-coruna

   O novo servizo, que se ubicará no Centro Cívico da Cidade Vella, contará con diversos obradoiros, tanto destinados á comunidade educativa como para crear grupos de autoapoio LGTBQI

   A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou hoxe o Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, un novo servizo municipal que estará ubicado no Centro Cívico da Cidade Vella e que está dirixido “a todas as persas que precisen información e asesoramento sobre saúde sexual e afectiva, así como recursos para a poboación lesbiana, gai, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI) da cidade”. A responsable municipal explicou que o Espazo das Diversidades LGTBQI empezará a funcionar a partir do día 12 de decembro. “O servizo que prestará, de asesoramento e información, será totalmente gratuíto e confidencial”, comentou a concelleira. O horario será de luns a venres, de 11.00 horas a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas, sendo o teléfono de contacto o 981 189 885 (ext 10183). “No seu momento existiu algo parecido a isto que imos poñer en marcha, en base aos nosos compromisos, pero o anterior Goberno do PP trasladou este servizo a un sótano do Centro Cívico de Monte Alto, onde non tiña ningún tipo de visibilidade e moitas dificultades de funcionamento. A nosa intención é que este sexa un espazo visible”, explicou en rolda de prensa Fraga.
“Este servizo está concibido como un recurso necesario nesta cidade, que ademais é demandado por moitos colectivos”, comentou a concelleira, quen indicou que o espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero contará con distintas actividades, como información e asesoramento LGTBQI, a atención directa e presencial no terceiro andar do Centro Cívico da Cidade Vella, e tamén mediante teléfono e mail, así como obradoiros para a comunidade educativa sobre diversidade e saúde sexual. Ademais, contará cun grupo de autoapoio LGTBQI, “un espazo de seguridade para mozos e mozas que permita construír modelos positivos de identificación sobre as diversidades sexuais e diferentes identidades”. “O obxectivo, ao cabo, é crear un apoio grupal para poder acadar estratexias individuais e grupais de empoderamento”, comentou.

   Outros dos servizos cos que contará este Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero será un videofórum sobre temática LGTBQI, así como obradoiros creativos sobre diversidade sexual utilizando diferentes ferramentas, como a fotografía ou o collage para elaborar conceptos e imaxes positivas sobre as diferentes identidades sexuais e xenéricas. “Tamén haberá un protocolo de atención urxente do programa PIPE ao que está adherida a Policía Local da cidade no caso de que detecten casos de acoso e violencia por orientación sexual ou identidade de xénero”, indicou.

   A concelleira destacou que este Espazo das Diversidades LGTBQI está nunha primeira fase piloto, que durará catro meses, no que se detectarán as necesidades, demandas e recomendacións dos colectivos directamente relacionados coas diversidades sexuais, así como dos e das propias usuarias. Pasado este tempo, a Concelleria de Igualdade e Diversidade, sacará a concurso a xestión do espazo, para que este teña carácter permanente. “Este debe ser un espazo dinámico, construído entre todos e todas, polo que tamén será un espazo de facilitación con grupos LGTBQI da cidade para impulsar a toma de decisión conxuntas, xeración de ideas e propostas para este servizo”, resaltou.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: